A residencia



A residencia universitaria Burgo das Nacións é unha residencia pública dependente do Servizo Universitario de Residencias (SUR) da Universidade de Santiago de Compostela. Está situada no Campus Norte, a uns 500 metros do núcleo histórico da cidade. Nos seus arredores encóntranse a Facultade de Filoloxía, a de Ciencias Económicas e Empresariais e a de Ciencias da Comunicación, así como o Auditorio de Galiza. O edificio actual da residencia ocupa unha parte do complexo denominado "Burgo das Nacións", construído con carácter provisorio no ano 1965 para aloxar os peregrinos que viñan a Compostela nese Ano Santo Xacobeo. Foi explotado pola Administración Turística Española e chegou a ter unha capacidade de perto de 4.000 prazas distribuídas en 47 pavillóns. Unha vez concluíu o Xacobeo 1965, este conxunto de módulos, construídos con materiais lixeiros e efémeros, cubriu deficiencias e albergou institucións necesitadas de instalacións: foi residencia de posgrao, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa gardaría, acolleu as dependencias da Policía Nacional, etc. En 1979 a USC comezou a utilizar o Burgo das Nacións como residencia universitaria mixta. No curso académico de 1986-87 iniciáronse as obras do edificio actual, que se terminou de construír en 1992-93.

Presentación do Burgo das Nacións na web da USC
Páxina do Servizo Universitario de Residencias na web da USC
 Folleto informativo do Servizo Universitario de Residencias
Encóntranos nas redes sociais: